A xornada sobre Sensibilización e Concienciación sobre o Benestar da Muller de AFAMMER Lugo chega a Vilalba para visibilizar a loita contra a violencia de xénero
O Centro Sociocomunitario de Vilalba recibiu este martes 5 de decembro a xornada de AFAMMER Lugo para a Sensibilización e Concienciación sobre o Benestar da Muller nas situacións de risco derivadas da Violencia de Xénero.
A xornada contou coa explicación do proxecto desenvolvido por AFAMMER Lugo no marco do Convenio asinada entre esta entidade e a Secretaría Xeral de Igualdade e unha introducción dos recursos que teñen as mulleres á súa disposición, poñendo especial atención nos Centros de Información á Muller.
A continuación, os asistentes puideron escoitar a testemuña dunha supervivinte de Violencia de Xénero que compartiu a súa historia e os recursos que tivo á súa disposición no momento en que conseguiu sair do ciclo de violencia no que vivía.
Para pechar a xornada, xerouse un debate entre poñentes e os asistentes sobre a situación da muller no rural e as súas particularidades, tomando como base os últimos datos dispoñibles do impacto da violencia de xénero en áreas rurais. Neste debate xurdiron temas moi interesantes como a importancia de educación a idades temperás
Por último, AFAMMER Lugo repartiu aos asistentes uns trípticos informativos sobre sinais para identificar a Violencia de Xénero e os recursos aos que poden acudir as mulleres nesta situación.