AFAMMER Lugo leva a Monforte unha xornada sobre o benestar da muller en situacións de risco, especialmente provocadas pola violencia de xénero
O día 30 de novembro desenvolveuse no Ateneo Casino de Monforte a xornada para a Sensibilización e Concienciación sobre o Benestar da Muller.
Interviñeron:
– Luz López, Psicóloga do CIM
– Manuel Muñíz, Xuíz de Violencia de Xénero
– Cristina López, Supervivente de Violencia de Xénero
– Susana López, exSecretaria Xeral de Igualdade e deputada autonómica.
A xornada desenvolveuse cunha introdución dos poñentes sobre os recursos dispoñibles para as mulleres vítimas de violencia de xénero, desde o punto de vista dos CIM e do punto de vista xudicial, seguido polo testemuño persoal de Cristina onde trasladou a súa experiencia durante 15 anos de violencia.
Pechou o evento un debate moderado por Susana López no cal os participantes compartiron as súas impresións respecto á situación específica da muller no ámbito rural e os desafíos legais que esta situación implica e como se poden abordar como sociedade as causas da violencia neste ámbito.
Por último, houbo un tempo de coloquio cos poñentes e entregáronselles aos asistentes trípticos informativos e un “SecureCup”, para protexer as súas bebidas en momentos de ocio.