AFAMMER Lugo desenvolve dúas xornadas de sensibilización e concienciación sobre o benestar da muller enfocadas nas situacións de risco pola violencia de xénero
O día 22 de novembro, AFAMMER Lugo desenvolveu no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo e no CENIMA de Foz dúas xornadas enfocadas na sensibilización e concienciación contra a violencia de xénero que contaron coas testemuñas de varios perfís profesionais do CIM de Mondoñedo que recalcaron a importancia e os servizos que ofrecen estes centros para axudar a mulleres e outros sectores da poboación a acceder a diversos recursos e axudas que as Administracións Públicas poñen á súa disposición. Tamén contaron coa testemuña profesional dun xuíz de Violencia de Xénero que ofreceun unha visión xudicial dos recursos para a protección de mulleres vítimas de violencia de xénero.
As dúas charlas contaron tamén cunha testemuña persoal dunha muller supervivinte de violencia de xénero que permitiu aos asistentes ter unha visión en primeria persoa do gran impacto e perigo que supón para as mulleres a violencia de xénero e o longo camiño que teñen que recorrer para refacer a súa vida.