sensibilización e concienciación sobre o benestar da muller
DESCRIPCIÓN DO PROXECTO
Campaña de Sensibilización e Concienciación sobre o Benestar da Muller centrado nas situacións de risco e violencia de xénero enfocado no coñecemento dos recursos a disposición das mulleres e do seu autocoñecemento para incrementar o seu benestar e seguridade.
O autoconocimiento é crucial neste contexto, xa que pode axudar ás persoas para recoñecer os sinais dunha relación abusiva, a establecer límites saudables e a buscar axuda cando sexa necesario.
O financiamento deste proxecto enmárcase nos fondos da Conferencia Sectorial de Igualdade, correspondentes á Comunidade Autónoma de Galicia, Resolución do 16 de Marzo, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero pola que se publica o o Acordo da Conferencia Sectorial de Igualdade.
FINS E OBXECTIVOS
Contribuír a igualdade de oportunidades e lograr unha concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero. Facilitar o material informativo e de sensibilización en prol da eliminación da violencia de xénero.
O obxectivo do proxecto é ofrecer alternativas aos contos tradicionais, nos que existen estereotipos de atributos femininos e masculinos e as accións, trazos emocionais que se atribúen a cada un deles ten un claro rumbo sexista.
As guías didácticas e vos vídeos mostrados conforman recursos didácticos de apoio para traballar no uso non sexista, redefinir roles, personaxes e historias desde unha perspectiva crítica. Ademais, fanse propostas en valores positivos e igualitarios, para favorecer o pleno desenvolvemento das nenas e dos nenos.
Neste tríptico podes atopar os primeiros signos para detectar un caso de Violencia de Xénero e os recursos e recomendacións para mulleres nesta situación.
xornadas
Nestasxornadas, ofrecéronseaos asistentes diversas testemuñascoobxetivo de sensibilizar sobre a importancia de actuar contra a Violencia de Xénero e divulgar todos os recursos dispoñiblespara as mulleres vítimas.